ampliar mapa
 

 

"Grou, Grou, quen te viu e te deixou que mal andou”. Este dito popular define, en poucas palabras, a esencia de Grou e da súa xente: difíciles de olvidar.
Esta vila da Baixa Limia, ubicada no concello ourensán de Lovios (por certo, fórmula etimolóxicamente máis acertada ca Lobios), deixa unha pegada imborrable nos que naceron alí e logo marcharon, que volven sempre que poden; e nos que viñeron algunha vez de visita, que sempre marcharon falando de volver. É por todo esto que, especialmente entre os máis novos, se foi extendendo unha expresión que hoxe é xa un símbolo de identidade: “Sempre Grou”.